O Premio de Poesía Concello de Carral cumpre en 2007 dez anos de existencia e, con este motivo, a autora revisa os libros gañadores e os feitos que marcaron o espazo poético galego nesta década. Así, a discusión crítica sobre o papel desempeñado polos premios, as novas voces e a renovación da lírica que ofrecen as poetas, os grupos máis relevantes, a mestura da poesía con outras linguaxes (plástica, música) parella á superación das fronteiras intraxenéricas, a presenza da poesía nas editoriais e os selos de autor (Edicións do Dragón, Letras da Cal), así como a dimensión social, son temas tratados neste artigo que se inicia e remata aludindo a dous símbolos (a píntega e a bolboreta) presentes nas obras que gañan a primeira e a última edición e que nos dan idea do abrollar do propio certame desde a nada ata a luz.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org