Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Artigo do poeta arxentino Francisco Luis Bernárdez publicado en El Pueblo Gallego durante a estadía do autor en Vigo. Bernárdez encarece a escrita de Antonio Noriega Varela, cualificándoo como “a máis sólida categoría lírica” dentro da súa xeración. Ao seu xuízo, o franciscanismo literario constitúe unha reacción fronte á rixidez do formalismo simbolista, que devolve a espontaneidade á expresión poética. Dentro desta tendencia, sinala a Francis Jammes como claro precedente de Noriega. O autor ofrece un esbozo da evolución dos movementos poéticos desde a fin do século XIX até o novecentismo, no que destaca os tres ciclos do simbolismo, representados por Baudelaire, Verlaine e Laforgue, respectivamente, a esencialización da palabra poética en Mallarmé e, por último, o franciscanismo literario.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org