Recensión do libro Xuvia revisitada, de Vicente Araguas, publicado vintecinco anos despois da edición de Xuvia na colección “Cuadernos da Guadaña de Poesía” do grupo Brais Pinto. Faise unha análise das coincidencias estruturais e dos fíos temáticos comúns, como a presenza da casa, as trasnadas e os xogos infantís, as tardes de cinema, as noites de jazz, a metaliteratura ou a represión franquista. Alén diso tamén se salienta a madureza estilística e unha ollada máis melancólica do erotismo e da contorna de Neda, lugar de nacenza do poeta.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org