Estudo da achega de Aníbal Otero ao estudo da romancística en Galicia, contribución datada entre finais dos anos 20 e comezos dos 30. Ábrese o artigo cunha panorámica dos estudos desta temática feitos en Galicia (e non só, tamén no ámbito ibérico) desde o século XIX, coa intención de facilitar a comprensión da importancia da obra deste autor. Logo desa panorámica e duns apuntamentos bio-bibliográficos sobre o autor publícanse 25 textos cunha mínima nota contextualizadora (informante, lugar, data, versións manexadas) clasificados nos apartados de: Romances épico-literarios, bíblicos e clásicos, de cativos, de amor fiel e alén da morte, de mulleres desgraciadas, de mulleres fatais, de asunto vario, relixiosos e oracións expiatorias e petitorias. Aclárase que se escolleron estes textos como exemplos dese labor compilatorio de Aníbal Otero en función da súa especial calidade literaria e peculiaridade lingüística.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org