O traballo estuda as estratexias dispostas no campo editorial galego para superar a súa inestabilidade e deficiente institucionalización entre 1968 e 1978. Analízanse os programas propostos polos principais grupos e axentes que actúan no campo editorial nese período, caracterizado pola forte mudanza no campo político. Son abordadas, asemade, as transformacións experimentadas polo campo cultural galego en tanto sistema da periferia europea que está a vivir un proceso de institucionalización e autonomización paralelo ao verificado no campo político, e que compartilla e desputa espazos sociais co sistema cultural español.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org