Valoración do poemario Con pólvora e magnolias de Xosé Luís Méndez Ferrín. Xosé Manuel Salgado aclara ao comezo que non pretende unha interpretación canónica, de aí que aluda aos seus recordos dunha conferencia de Méndez Ferrín sobre poesía e ao coñecemento que da súa poesía circulaba nos anos 70.
Trala breve referencia ás circunstancias nas que se desenvolveu a literatura galega, Salgado céntrase en Con pólvora e magnolias e comenta a novidade da edición e o éxito do título. A continuación expón unha serie de consideracións complementarias daquelas publicadas por Carme Blanco e Claudio Rodríguez Fer e que se concretan nos seguintes valores do poemario ferriniano: unha nova formulación da linguaxe que marca un cambio de rumbo na poesía galega e que -para Xosé Manuel Salgado- entronca coa obra de Dylan Thomas, a presenza da morte (influxo dos beatniks norteamericanos) e da nostalxia (na liña de Luís Cernuda) e, finalmente, unha poesía visionaria e "rebosante de imaxes e símbolos". Por todos estes elementos, Con pólvora e magnolias poderá ser lido por distintas xeracións sen esgotarse.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org