Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Xosé Manuel Salgado comeza a recensión reflexionando sobre o descoñecemento da historia literaria anterior e agradecendo aos depositarios e aos editores de Bandeiras neboentas a ocasión de coñecer a faceta poética do artista Reimundo Patiño.

A continuación, Salgado describe o soporte crítico do poemario (prólogo de Manuel María, nota introdutoria de Antón Patiño e recensión epilogal de Xavier Seoane) e mais o corpus poético. A propósito deste último indícase a publicación de determinados textos en revistas (Vieiros, Dorna), antes de apareceren en Bandeiras neboentas.

A vida de Reimundo Patiño en Madrid permítelle ao profesor Salgado referirse ao grupo Brais Pinto e afondar nos seus referentes, no contexto e nos seus libros.

Xosé Manuel Salgado caracteriza, ao final do seu traballo, Bandeiras neboentas como unha reflexión sobre a poesía pero tamén sobre os eternos temas (amor, morte, ser humano), e ao autor como "merecente dun lugar de privilexio dentro da historia da cultura galega".

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org