Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Novoneyra, Uxío (1991)
"A xeito de autopoética"
Boletín Galego de Literatura: 5, pp. 135-139.

Defensa dunha lectura libre non intermediada por paratextos nin poéticas de autor. Defensa así mesmo dunha lingua libre e non normativizada cando se trata da creación literaria. Novoneyra xulga homoxeneizadoras e encorsetadas as propostas ortográficas do Instituto da Lingua Galega e as propostas que se lle opoñen desde o reintegracionismo. Critica igualmente as xenreiras e marxinacións traídas pola que denomina teimosía normativizadora duns e doutros. A guerra ortográfica, segundo o autor, restou color, sabor e aventura á literatura galega última. O texto preludia unha composición titulada "Viaxe", que dialoga cunha carpeta de grabados de Carlos Crego. O poema incorporaríao con lixeiras modificacións en 1994 ao volume Poemas da doada certeza i Este brillo premido entre as pálpebras

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org