A autora recupera íntegro o texto de presentación do seu libro Códice Calixtino (1986) e sitúao como pórtico da serie poética "Consagración de Trasalba". A proposta central desenvolvida procede da convicción de que o labor poético consiste nunha achega de luz ou claridade que se vén sumar a toda a poesía anterior, á poesía do mundo ou "poema total", segundo a mención de Pozo Garza. Dese xeito, a poesía enténdese como a clarificación da idea na conciencia. A isto engádese a comprensión da poesía como ofrenda e como vieiro propicio para un coñecemento trascendente do suxeito e do mundo.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org