Estudo panorámico da obra de Celso Emilio Ferreiro. Ábrese cunha análise da poética do autor, na que se fai fincapé na dimensión social; a seguir, unha breve reflexión sobre o seu compromiso co idioma galego. A meirande parte do estudo está dedicada a un comentario pormenorizado das súas obras poéticas en galego, ademais dunha breve achega á súa narrativa. O estudo céntrase nos aspectos estilísticos, temáticos, métricos e lingüísticos pero tamén ofrece abonda información sobre as circunstancias que rodearon a produción e recepción deses textos.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org