Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Blanco Valdés, Juan L. (2004)
"Imago mundi. Autopoética"
Boletín Galego de Literatura: 31, pp. 187-195.

Feixe de poemas precedido por unha autopoética na que se combinan reflexións, declaracións de intereses e breves textos poéticos en diálogo conxunto. O autor aposta por unha poesía de procura do eu propio, e tamén do nós comunitario. Unha poesía mostrada en termos discursivos como "hipótese de traballo". Non experimenta atracción ningunha Blanco Valdés pola literatura denominada "de compromiso". Tampouco non polas poéticas de escola nin polo simple exercicio estético. Defende que a poesía debe ser un encontro entre autor e lector, sen que medie información de ningunha clase sobre a autoría ou o seu contexto.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org