Reflexións sobre o funcionamento da crítica no sistema literario galego a propósito do intento de canonización de María Mariño, autora á que se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2007. Faise un percorrido pola diacronía do sistema literario galego: polas diferentes mediacións que entronizaron nos 60 a poesía de Mariño, creando a figura dunha poeta, muller do pobo non contaminada e destrutora da lingua burguesa. Recentemente a autora foi relanzada pola crítica feminista. Á espera dunha definitiva lexitimación social e estética, a autora pide rigor autocrítico e revisión de certas afirmacións da crítica galega acerca da súa escrita.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org