Este romance, máis coñecido como Rufina hermosa, dentro do ámbito ibérico apenas está difundido por Galiza e Portugal, territorios onde se recolleron moitas versións. Este tema incestuoso, no que un irmán cortexa a súa propia irmá tamén foi encontrado noutras tradicións orais como as de lingua italiana, provenzal, francesa e rusa. En termos lingüísticos trátase dun dos romances máis galeguizados do saber romancístico galego, probablemente polo asunto pastoril do que se ocupa.
Rosiña bonita, tu que fas aí?
2 –Ándoche co gado, ben o ves alí.
- Rosiña hermosa, queres vir comigo?
4 nesta serra sola corres en perigo.
-Contigo non fun, nin fun nin irei,
6 voume pra onde o gado que o perderei.
-O gado, Rosiña, non che di coidado
8 que se o perderes, eu irei buscalo.
-O que vén con fame i o que vén sin fame,
10 en mangas de seda gardarmo me fas.
–Mangas e vestidos teño de romper,
12 por che dar, Rosiña, por che dar placer.
-Placer non me dás, que antes me dás pena,
14 lá vén meu amo traerme a merenda.
Ojalá viñera, i ojalá chegara,
16 I ojalá soupera que contigo estaba.
-Vouche decir, Rosa, a fe de quen son,
18 vouche decir, Rosa, que teu irmao son.
-Ti es meu irmao, irmao do corazón,
20 de todo o que che dixen, pídoche perdón.
-De todo o que me dixeches, estache perdonado
22 dá acá unha mao e ponte d´a cabalo.
-Xentiña do pobo, vinde para onde o gado,
24 qu´aiquí vai Rosiña co seu namorado.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org