Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Mancebo, Tati (2013)
Presentación de Esplendor arcano, de Ramiro Torres, en Arteixo
62 minutos e 43 segundos





Subcampos: 2003-, Recital
Descrición: Presentación na Libraría A Lus do Candil, de Arteixo (rúa Historiador Vedía, 3), do libro de Ramiro Torres Esplendor arcano, ilustrado por Alba Torres Ferreiro. Tivo lugar o venres 10 de maio de 2013 e contou coa presentación do libreiro Modesto Fraga e coa participación do autor seguida de lecturas de poemas sucesivamente a cargo de Xosé Iglesias, Alfredo Ferreiro, Lourenzo, Xoán Abeleira, François Davo, Begoña Paz, Tati Mancebo, Modesto Fraga, Sapoconcho e Laura Marín Calo. Nas intervencións apúntanse aspectos da poética de Ramiro Torres así como tamén cuestións relativas á historia do libro Esplendor arcano e ás actividades do Grupo Surrealista Galego (editor do volume), ao que está adscrito o autor e unha maioría das persoas que fixeron uso da palabra nesta presentación.

Tipo de video: Vídeo informativo

Fonte: Bambuser

Dereitos: Tati Mancebo

Metadatos: Torres, Ramiro; Libraría A Lus do Candil (Arteixo); Grupo Surrealista Galego.

Observacións:

Na fotografía de Xacobe Meléndrez Fassbender (clicar na columna da esquerda), o Grupo Surrealista Galego na Cidade Vella coruñesa (25/01/2013).

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org