Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Fraga, Modesto (2006)
"12 de xullo. Estación primeira"
59 segundos



fraga_2006_12.mp3 (.mp3 1.3 Mb)


Descrición: Gravación pertencente ao volume 2 de Poetas e narradores nas súas voces, publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2006).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dereitos: Consello da Cultura Galega

Observacións:

12 DE XULLO. ESTACIÓN PRIMEIRA

"Na luz non queda nada se ti xa non a habitas"
Dixéchesme esa noite, cegadora de espantos.
Era verán, recordo. Alongados os días
no tránsito das horas palabras sen resposta.

Ninguén agás a sombra dos pasos nos miraba
cada recanto era un mar, un horizonte.
Na cidade, as calexas, entrefebradas elas
debuxaban siluetas de aromáticas horas.

Pero chegou a noite e con ela o silencio
pesadelo de angustias na voráxine incerta,
cos dedos esgazados e as bágoas no teu rostro
anunciando feridas no máis fatal insomnio.

[Derrotas con raíces. Inédito]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org