Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Fraga, Modesto (2006)
"De babor a estribor"
1 minuto e 9 segundos



fraga_2006_babor.mp3 (.mp3 1.6 Mb)


Descrición: Gravación pertencente ao volume 2 de Poetas e narradores nas súas voces, publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2006).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dereitos: Consello da Cultura Galega

Observacións:

DE BABOR A ESTRIBOR

I.

Cos dedos esgazados
e a mirada perdida no horizonte

canso xa de mareas
singraduras agrestes, ollos quedos,

o vello mariñeiro de Fisterra
non soña máis vitorias que o retorno
máis calmas que o lamento inevitable
cando a derrota esixe o seu tributo

por que ninguén responde ao berro da buguina
por que ninguén regresa
cos estrobos sen nome
da inmensidade acuosa do naufraxio?

II.

De costas ao Berrón
coa negra branca néboa a lle cubrir os ollos

a Vaca anuncia ausencias
vendavais enganosos de oito a nove

voraz fatalidade
repetida nos ósos

desde o Cabo da Nasa ao Gavoteiro
entre os cantís de Rostro e Mar de Fóra

ducias de voces orfas
ecoan a estribor

enxaguados silencios na rompente.

[Inédito]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org