Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Descrición: Antoloxía conmemorativa do vixésimo cuarto Festival da Poesia no Condado, convocado sob o lema "Língua e serviços em mao comum", e celebrado os días 3 e 4 de setembro de 2010 en Salvaterra de Miño. O prefacio do volume foi realizado por Luz Fandiño, nun texto que enlaza a irmandade entre Galiza e Portugal coa defensa da lingua, da historia e da poesía. A nómina de poetas que participan na obra é a seguinte: Laura Branco, Alicia Fernández, Xulia María, Carlos Negro, Kiko Neves, Branca Novoneyra, Samuel L. París, Carlos Quiroga, Elvira Ribeiro, David Rodríguez, Calros Solla, Samuel Solleiro (Galiza) e Tiago Gomes (Portugal). O deseño do libro correu por conta de X. Carlos Hidalgo e Nadina Bértolo.

Metadatos: Festival da Poesia no Condado; Fandiño, Luz; Branco, Laura; Fernández, Alicia; Xulia María; Negro, Carlos; Neves, Kiko; Novoneyra, Branca; París, Samuel L.; Quiroga, Carlos; Ribeiro, Elvira; Rodríguez, David; Solla, Calros; Solleiro, Samuel; Gomes, Tiago; poesía e compromiso; poesía e política; poesía e oralidade; SCD Condado.

Observacións:

O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento á Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, pola súa disposición e axuda para a incorporación a este repositorio dixital de distintos materiais relacionados co Festival da Poesia no Condado. Para a incorporación deste volume de 2010 foi imprescindíbel tamén a colaboración de X. Carlos Hidalgo e Nadina Bértolo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org