Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Catalán, Diego (1997)
"Los modos de producción y reproducción del texto literario y la noción de apertura"
Arte poética del romancero oral. Parte 1ª. Los textos abertos de creación colectiva: 1. pp. 159-186.
Madrid: Siglo XXI.
cuestadelzarzal.blogia.com

Diego Catalán reivindica neste artigo a noción de "tradicionalidade" de Ramón Menéndez Pidal (isto é, a esencia da literatura de tradición oral é a súa transmisión en variantes) ao tempo que a presenta de acordo coas preocupacións da crítica da década de 1970. Lembra a "tradicionalidade" da cultura da Idade Media, despois de varios séculos de individualismo capitalista, pois o autor medieval consideraba que a súa obra era unha versión persoal dunha creación colectiva, sempre inacabada, e, polo tanto, susceptíbel de ser "mellorada" por outros. Así, os textos eran abertos no plano do significado e do significante e só tras a invención da imprenta perderon a apertura neste segundo nivel. Catalán sinala como pode comprobarse esta dupla apertura nos milleiros de versións de romances recollidos na tradición oral contemporánea: na súa estrutura verbal, na variación do discurso poético, na intriga, ou sexa, na organización das secuencias lóxico-temporais en que se articula a fábula, sendo esta a serie casual de acontecementos cardinais que se suceden no decorrer natural do tempo, e tamén, na estrutura actancial-funcional que existe tras as fábulas, na que as personaxes perden o seu valor semántico e se identifican cos grandes papeis da gramática do relato. Na súa ilustración da apertura do romanceiro tradicional con versos soltos e con fragmentos de versións poden atoparse exemplos da tradición galega de temas como Morte do Mestre de Santiago, O Falso Cego ou Tamar. Finalmente o autor conclúe propondo o estudo da tradición manuscrita da óptica da "tradicionalidade" de "bo número de obras e xéneros medievais", como a novela artúrica e a cronística.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org