Neste artigo Diego Catalán expón un modelo analítico das mensaxes da linguaxe "romanceiro" baseado, con modificacións, nos catro niveis da analise narratolóxica proposta por Cesare Segre (Le strutture e il tempo, 1974). Así, segundo Catalán, os romances tradicionais están articulados nos seguintes niveis de organización: o do discurso, o da intriga, o da fábula e o "actancial" ou "funcional". Este artigo é un anticipo do que sería o Catálogo General del Romancero (CGR) (1984), obra canónica para o estudo da poética do romanceiro de tradición oral, e nel pódense encontrar abundantes mostras de romances, na súa imensa maioria tirados da tradición oral moderna, para exemplificar os distintos niveis da estrutura textual deste xénero poético caracterizado pola súa dupla apertura. A tradición galega está presente neste artigo nuns versos dunha versión de Gallarda da Pobra de Burón (Lugo) obtida por Ramón Menéndez Pidal.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org