Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Rodríguez, Francisco (1986)
"A dialéctica da historia e a obra de Rosalía de Castro (Patriotismo, populismo e socialismo utópico)"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: pp. 419-439.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

A obra de Rosalía de Castro representa e sintetiza, segundo Francisco Rodríguez, o conflito creado pola desaparición do tipo de sociedade patriarcal e o ascenso da sociedade burguesa. Tal afirmación exemplifícase coa narrativa rosaliana.

Por outra parte, o estudoso considera que a escritora asume a necesidade de loitar contra os estereotipos da ideoloxía dominante no relativo ao papel asignado a Galicia. Produto desta actitude, e mais da análise da realidade persoal e colectiva baixo a óptica do mundo como loita e frustración, sería a obra poética en galego. Nos últimos libros de Rosalía, ao longo dos anos oitenta, consolidarase unha actitude de autismo psicolóxico.

Conclúese aludindo ao enterro da poeta, á mobilización de desagravio iniciada na Habana, ao intento de beatificación da man dos rexionalistas e á integración na literatura española.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org