Despois de sinalar os principais condicionantes sociais, políticos e ideolóxicos do provincialismo, Justo Beramendi desenvolve un esquema metodolóxico xeral para a análise do concepto nación. A continuación aborda as ideoloxías do provincialismo galego, nado arredor de 1840 e no que diferencia catro momentos. Por último, o estudoso detense nos referentes nacionais durante o primeiro e mais o segundo provincialismo. Para Beramendi, Manuel Murguía e Rosalía de Castro foron relevantes no segundo provincialismo pois el fixo progresar a construción do referente propio e elaborou os referentes de integración e negación, mentres que a poeta pasou do par aldraxe-loa ao par negación-oposición.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org