Recensión do libro de Miguel Louzao Letras de Cal na produción poética galega dos 90, 2007. Faise un esquema dos principais asuntos desenvolvidos, valórase a independencia de criterio do autor, estabelécense conexións con referentes teóricos e coméntase a dificuldade de tratar en termos historiográfico-literarios acontecementos e intervencións case inmediatos no tempo. Cuestiónanse ademais, en concordancia co autor da monografía, etiquetas habilitadas para a clasificación de movementos e poéticas xeracionais ("poesía dos 90", por exemplo).
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org