Avaliación crítica da obra literaria de Lupe Gómez aos dez anos da publicación do seu primeiro libro de poemas, Pornografía (1995). Arguméntase que o feito diferencial desta obra se atopa nunha autopoiesis caracterizada por unha orixinal mestizaxe de elementos feministas, surrealistas, libertarios, existencialistas e autobiográficos a partir da tematización dunha serie de referentes, fundamentalmente: corpo, puta, vaca e berro. Rexéitanse as críticas dirixidas á presunta simplicidade e repetitividade do seu discurso poético. A proposta dos autores é que Lupe Gómez desenvolve unha mensaxe universal malia a súa forte pegada idiosincrática, renovadora dos “paraugas” nacional e patriarcal galegos e do canon estético-literario vixente.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org