Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Baptista, António Rodrigues (1986)
"A presença de Rosalía nas letras portuguesas (De 1910 a 1930)"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 269-282.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Tras afirmar que está por estudar a influencia de Rosalía de Castro nas letras portuguesas durante os últimos cen anos, analízase a presenza da escritora de 1910 a 1930.

Durante ese período, o primeiro que estivo atento á figura "rola de Galicia" foi o profesor José Cervaens. Anos despois, Cláudio Basto e Carolina Michaëlis, ao interesarse pola saudade, exemplificaron coa obra de Rosalía. O seguinte autor que se ocupou de Galicia e da poeta foi Teixeira de Pascoaes, cuxo papel como socio do Instituto Histórico do Minho será importantísimo para alimentar a devoción por Rosalía e a súa terra. Así o mostra a presenza das letras galegas na publicación A Aurora do Lima e mais na velada literaria de homenaxe á autora celebrada en xullo de 1924.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org