Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Vázquez Cuesta, Pilar (1986)
"A recepción de Rosalía en Portugal"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 261-267.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Ofrécense noticias sobre a recepción de Rosalía de Castro en Portugal. Por unha parte, dos dezaoito libros de viaxes por España escritos entre 1863 e 1893, só un se dedica a Galicia e dous inclúena. Por outra parte, dos integrantes do grupo dos Cinco, só Ramalho Ortigão visitou Santiago de Compostela. Fronte ao anterior, Pilar Vázquez Cuesta destaca o interese de Teófilo Braga, autor que se achegou a Galicia a partir da literatura popular e da lírica medieval, e mais de Carolina Michaëlis.

Conclúese indicando que a aproximación de Portugal a Galicia foi unha consecuencia da semellanza lingüística.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org