Abórdase un tema controvertido da obra de Rosalía de Castro: a relación con Castela. Celso Almuiña considera que na poeta galega hai unha preocupación sociolóxica que non se pode entender en clave marxista nin rexionalista no senso nacionalista. Trátase, para o autor, dun sentimento cara á terra a onde chegan os segadores galegos nos seus desprazamentos do verán e nese estado de ánimo non hai elaboración teórica.
O estudo desenvolve tres puntos: a imaxe dos galegos na opinión pública castelá, a reacción de Rosalía de Castro e a réplica de Castela. Conclúese indicando que a orixe da lenda negra sobre os galegos é antiga e que Rosalía responde a esa lenda creando outra. Ademais, móstrase que a poeta non coñecía suficientemente Castela e, cando a coñece, esquécea. Tamén Castela ignoraría a Rosalía ata a actualidade por limitacións alleas á poeta.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org