Recensión do libro de Carlos Quiroga O regresso a Arder. Viagem ao Cabo Nom-3. (Ed. Quasi, Famalicão) de 2005. Libro que mestura o diario de viaxe, o poema en prosa e o poema en verso. Irónico e ata mordaz en ocasións, amósase delicadamente lírico noutras. O crítico recoñece ecos de Almada Negreiros e Fernando Assis, e repara nas numerosas citas do simbolista Camilo Pessanha. Carlos Quiroga entra ás veces no esencial da materia do mundo, expresando a insatisfación na procura do absoluto. Algúns tramos do texto de viaxes fragmentado son auténticas oracións á natureza, con metáforas de cerna romántica que lembran Kirkegaard (“Solsticial”). Libro de viaxes entrecortado por divagacións literarias e acompañado de fotografías.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org