O artigo tenta dilucidar as causas do interese da crítica anglófona pola figura e a obra de Rosalía. Con este obxectivo, realízase unha achega pormenorizada á figura da antropóloga inglesa Annette Meakin, que nas súas viaxes por Galicia descubriría a Rosalía e a súa obra. O artigo comenta os dous libros nos que Meakin aborda estas cuestións, así como outras como a paisaxe e a lingua galegas, os estereotipos sobre a personalidade do pobo galego ou o fenómeno da emigración. Préstase especial atención a analizar a información que o estudoso rosaliano Vales Faílde lle proporcionou a Meakin e remátase citando brevemente outros estudos posteriores que a crítica anglófona lle adicaría, na primeira metade do XX, á obra rosaliana.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org