Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Soto, Luís G. (2005)
En concreto, Mensagem[recensión do libro de Luísa Villalta En concreto (2004)]
Agália: 81-82, pp. 256-262.

Recensión de En concreto, de Luísa Villalta, Espiral Maior, 2004. Sinala a cercanía con Mensagem de Fernando Pessoa: son libros de poesía social con diferentes obxectos abordados, Portugal e a cidade (da Coruña). Inícianse ambos co apartado “Brasom”, sobre o escudo de Portugal e a divisa brasonada coruñesa. En Pessoa percórrese a historia, e en Villalta a xeografía urbana e humana. Na poeta, a chamada á construción histórico-social non vai dirixida á colectividade, senón que se realiza a través da interiorización persoal. A cidade, espazo aberto, delimitado polo mar e definido polo vento, é percorrida pola eu poética para cumprir o designio da escritora: a apropiación do suxeito-obxecto a través da socialización. O lector colabora enchendo os silencios, especialmente os que calan o topónimo da urbe e o final da súa divisa, “do reino de Galicia”. Os “Edificios” e lugares aparecen con débiles vínculos sociais. “Estampas” explora as interaccións humanas. “Exilios” transmite a dificultade de establecer relacións intersubxectivas estables. E na “Rúa-casa” a eu poética quere construír o fogar nas propias rúas. Remata cos textos “Nomes” e “Poema da cidade alta”, onde se afirma a potencialidade dos nomes propios e se asume o propio –Villalta- como ligazón á cidade.

 
soto_2005_villalta.pdf (.pdf 0.9 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org