Explícanse as razóns polas que Azorín "amou" a Rosalía de Castro, previa advertencia do sentido do verbo: admiración ou identificación estéticas.
Segundo Ríos Carratalá, a poesía de Rosalía de Castro ofreceulle a Azorín unha paisaxe e unha lingua tal e como el manifestou nas anotación autógrafas. Por outra parte, enuméranse as constantes da crítica do alicantino que son reforzadas pola obra da poeta galega: o ataque á poesía retórica e convencional, o esquecemento da crítica padecido por Rosalía, a predilección polos "raros e esquecidos", a comuñón íntima entre o lector e o autor, as circunstancias biográficas que o achegaron a Galicia e o papel precursor na métrica e na ideoloxía.
Conclúese reiterando que Azorín foi un lector sensible da poeta galega e que a súa admiración serviu para o recoñecemento rosaliano.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org