Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Miragaia, Raquel (2003)
"Entre os teus ollos" [recensión do libro de Artur Alonso Entre os teus ollos, 2003]
Agália: 75-76, pp. 283.

Recensión do libro de Artur Alonso, Entre os teus ollos, Difusora, Ourense, 2003, con ilustracións de Marta Vega. A autora valora a boa impresión que deixa o libro entre lectores pouco habituados a ler poesía. Subliña a delicadeza con que foi editado este poemario dedicado ao proceso amoroso. O poeta logra que os lectores asuman as varias fases dese proceso como algo cotián e propio. A autora vai describindo os distintos estadios a través de citas dos poemas, e detense nunha anécdota que ten que ver co feito de ser unha lectora feminina sempre atenta ao xénero: o intercambio dos habituais papeis de xénero no poema nº 11, cousa que agradece.

Bibliografía secundaria sobre:
Alonso, Artur; Entre os teus ollos; Vega, Marta.
 
miragaia_2003_alonso.pdf (.pdf 497 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org