Os Encontros Milpedras constitúen un espazo de comunicación natural entre diversas artes, unindo os seus camiños nun fluxo simultáneo onde os espectadores e os participantes aproveitan a enerxía de varios artistas compartida nun mesmo lugar e momento.
A proposta consiste no traballo común de escritores, músicos e artistas plásticos e visuais que queren comunicarse entre si e co público sen intermediarios, aumentando o coñecemento e o diálogo libre entre as diferentes disciplinas artísticas, e ofrecendo ao público interesado unha experiencia nova e enriquecedora.
No evento presentouse oficialmente a Asociación Cultural Encontros Milpedras.
O X Encontro Milpedras contou cos seguintes participantes:
Poesía: Ramiro Torres, Diana Varela Puñal e Arturo Casas
Pintura e artes plásticas: María Martínez e Gosia Trebacz
Música e canto: Dubi Baamonde (saxo, frauta), Tito Calviño (guitarra), Tati Mancebo e María Xosé Silvar ('Sés')
Coordinación: François Davo
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org