Despois de aludir ás orixes do seu interese sobre a poesía de Rosalía de Castro e ao nacemento dunha poesía distinta da man dos simbolistas, Aurora de Albornoz considera que a Rosalía "precursora" do modernismo está nas obras publicadas entre 1880 e 1884. A continuación indícanse algúns dos seus aspectos novidosos relativos á forma e á temática e apúntase que a autora tanto foxe da palabra exuberante e busca termos vagos e matices como busca a máxima precisión. En canto ás notas típicas da sensibilidade de fin de século cítanse: a captación dun mundo visionario pasando polo sensorial, así como a aproximación ao sentimento por medio dos sentidos, o tedio e a dor e a visión da natureza.
Finalmente, a investigadora considera que de Rosalía se falou pouco nos primeiros anos do século XX, a pesar da súa influencia en libros de Antonio Machado e Juan Ramón Jiménez.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org