Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Pérez Botero, Luis (1986)
"La poesía de Rosalía de Castro y sus posibles relaciones con la poesía modernista"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 229-234.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Achegamento ao estudo da poesía de Rosalía de Castro, concretamente aos caracteres considerados distintivos do modernismo e que a converten en precursora da poesía española actual. Luis Pérez Botero desenvolve os tres marcos da lírica rosaliana. Do primeiro, a tradición poética galega, indícase que Rosalía identificou a súa creación poética coa tradición galaico-portuguesa, sobre todo os cantares de amigo. Do segundo, romanticismo, considérase que en Rosalía están presentes os arquetipos (metros, temas, inspiración, tristeza transcendental) que explicarían os personaxes estraños e o diálogo sentimental cos obxectos ambientais. Do terceiro, presenza do moderno, afírmase que a autora incorporou na súa obra os postulados da estética reinante en Europa (independencia artística, orixinalidade lingüística, formal e comunicativa).

Despois de analizar a súa poesía (linguaxe, gramática...), conclúese reiterando que o modernismo de Rosalía se alicerza no coñecemento profundo da tradición lírica galega e no sentimento da realidade como a dos poetas modernos.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org