Alúdese ao retrato de Rosalía de Castro elaborado por Juan Ramón Jiménez no que funde a poeta coa paisaxe galega. No sentir de Gilbert Azam, a poética da primeira estaba feita para chamar a atención do segundo. Ofrécese algún exemplo do parentesco literario entre os dous poetas e cítanse investigadores que repararon nel.
Despois de manifestar que a obra en castelán de Rosalía é a máis seria e importante do XIX peninsular, conclúese indicando que, como crítico, Juan Ramón integrou a galega no Modernismo e, como poeta, sintonizaron na comuñón espiritual cara á depuración.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org