Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Ferreiro, Alfredo (2012)
Tati Mancebo no X Encontro Milpedras
6 minutos e 21 segundos





Subcampos: 2003-, Recital
Descrición: Gravación no Taller de Litografía Milpedras (A Coruña, rúa Brasil 3) o día 29 de xuño de 2012.

Tipo de video: Vídeo informativo

Fonte: YouTube

Dereitos: Rexistrado baixo licenza Creative Commons

Metadatos: Ferreiro, Alfredo; Mancebo, Tati; Sés; Encontro Milpedras (A Coruña); Baamonde, Dubi; Calviño, Tito; Cohen, Leonard; Porgy and Bess.

Observacións:

Os Encontros Milpedras constitúen un espazo de comunicación natural entre diversas artes, unindo os seus camiños nun fluxo simultáneo onde os espectadores e os participantes aproveitan a enerxía de varios artistas compartida nun mesmo lugar e momento.

A proposta consiste no traballo común de escritores, músicos e artistas plásticos e visuais que queren comunicarse entre si e co público sen intermediarios, aumentando o coñecemento e o diálogo libre entre as diferentes disciplinas artísticas, e ofrecendo ao público interesado unha experiencia nova e enriquecedora.

No evento presentouse oficialmente a Asociación Cultural Encontros Milpedras.

O X Encontro Milpedras contou cos seguintes participantes:

Poesía: Ramiro Torres, Diana Varela Puñal e Arturo Casas

Artes plásticas: María Martínez e Gosia Trebacz

Música e canto: Dubi Baamonde (saxo, frauta), Tito Calviño (guitarra), Tati Mancebo e María Xosé Silvar ('Sés')

Coordinación: François Davo

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org