Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Delgado Corral, Concepción (1986)
"Reflexións sobre a poética de Rosalía e Curros"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 205-212.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Alúdese á poética de Rosalía de Castro e de Manuel Curros Enríquez. Sobre a primeira indícase a clasificacion feita pola propia autora (subxectiva e social) e profúndase en dúas ideas presentes en Follas novas: a suposta inferioridade da muller e a metapoética.

Segundo Delgado Corral, as coincidencias entre os dous poetas serían variadas: a afirmación da finalidade da obra poética, a preceptiva contida na súa obra (a pesar de que Rosalía se afasta ao procurar o significante), a pertenza á modernidade, o compromiso coa realidade galega (malia as diferenzas nos procedementos: aberta en Curros e irónica ou distanciada en Rosalía), a concepción do tempo e da vida como negatividade, o tratamento do desterro, o uso do símbolo da pedra e da ironía "metafísica" cuxo sentimento final é a impotencia.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org