Alúdese, a partir da obra de Rosalía de Castro, á irmandade entre filosofía e poesía. O investigador colle da man a poeta para peregrinar ao fondo da existencia nunha viaxe do visible ao invisible.
En primeiro lugar Nel Rodríguez considera que a actitude de Rosalía ante o mundo é fundamentalmente estética, fenomenolóxica e anti-ideolóxica. A continuación analiza a metaestética do invisible e afirma que a intensidade da contemplación rosaliana equivale a unha revelación.
O autor remata referíndose ao impulso tanático da poeta (fascinación estética mutada en tentación de autoaniquilación) e mais á negra sombra (imposibilidade de permanecer no ser e imposibilidade de dicir o Ser).
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org