Alúdese á recepción de Rosalía de Castro, concretamente aos xeitos de ser do escritor “popular”. Carlos Baliñas analiza o caso “crucial” de Rosalía (a súa pouca relación co gremio literario e o recoñecemento popular) e reflexiona sobre algunha cuestión teórica. Segundo o autor, o pobo sintonizaría coa poesía de Rosalía porque os asuntos dos que tratou afectaban a xente humilde. Por último, detéctanse os procedementos que manifestan e contribúen a reforzar a “popularidade” (actos e cerimonias, veladas literarias, crónicas de prensa, literatura “de evocación”, composicións musicais sobre textos rosalianos, material icónico...).
Conclúese indicando o que significa ser poeta popular: axeitarse ao pobo e, desde el, permitir achegarse ao universal poético conforme a capacidade.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org