Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Cid, Jesús-Antonio (2005/2006)
"Nacionalismo y poesía popular. Manuel Murguía y la creación de un romancero apócrifo"
Estudos de Literatura Oral: 11/12, pp. 51-72.

Segundo o autor, Manuel Murguía deu grande importancia ás manifestacións da poesía narrativa tradicional, de acordo co seu ideario nacionalista basado na tradición histórica e cultural de Galiza, tal como xa acontecera noutros países da Europa do século XIX. Murguía negou na década de 1860 a existencia do romanceiro en Galiza para se diferenciar do centro peninsular, unha vez que se coñecían poucas versións e que estas estaban transmitidas, fundamentalmente, en lingua castelá. Porén, anos depois, Murguía cambiou a sua opinión e pasou a defender a existencia dun romanceiro galego non só moi rico, mais tamén moi singular. Este romanceiro era o resultado das manipulacións de diversos tipos realizadas por Murguía e por outros folcloristas.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org