Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Requeixo, Armando (2012)
"Celso Emilio Ferreiro visto por Xosé Díaz Jácome. Un texto inédito"
(04/01/2012).
http://armandorequeixo.bloga
liza.org/2012/01/04/celso-em
ilio-ferreiro-visto-por-xose
-diaz-jacome-un-texto-inedit
o/

Presentación e edición do guión inédito correspondente á emisión radiofónica que Xosé Díaz Jácome dedicou a Celso Emilio Ferreiro no programa Mensaje Poético, por el dirixido en Radio Vigo, o 16 de maio de 1955 co título "Celso Emilio Ferreiro y su plena voz bilingüe". O texto de Díaz Jácome fai referencia fundamentalmente á publicación, en 1954, do libro de Celso Emilio O soño sulagado. Desenvólvese así mesmo unha introdución á produción literaria anterior e á súa poética, sen perder de vista a personalidade do autor, na altura residente en Vigo. Sucesivamente dáse paso ao recitado dunha serie de poemas, glosados ou comentados polo locutor seguindo as notas de Díaz Jácome e con interpolacións musicais sobre cuxo carácter aparecen algunhas recomendacións a cargo do director do programa.

O equipo de poesiagalega.org agradece a Armando Requeixo as facilidades para a reprodución do traballo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org