Presentación e reprodución dunha carta enviada por Aquilino Iglesia Alvariño a Ricardo Carvalho Calero, con data 4 de febreiro de 1956, motivada pola recepción dun exemplar do libro Aportaciones a la literatura gallega contemporánea, da autoría do crítico ferrolán e publicado en 1955 pola Editorial Gredos en Madrid. A nota de Armando Requeixo presta especial atención á amizade entre os dous escritores e a actividade crítica exercida por cada un deles sobre as obras do outro, iniciada por Aquilino Iglesia Alvariño xa en 1934. A carta mostra unha primeira impresión de consulta, na que destaca a apreciación de que o volume publicado por Gredos está mellor acabado que a versión orixinal en lingua galega á que Iglesia Alvariño tivera acceso anterior.
O equipo de poesiagalega.org agradece a Armando Requeixo as facilidades para a reprodución do traballo.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org