Biografía de Antón Avilés de Taramancos (1935-1991). Primeiros poemas en 1950 na revista Tapal, dirixida por Manuel Fabeiro; seguidos dos que publica en Rianxo, suplemento de Sonata Gallega; e Lar. Na Coruña, entre 1953 e 1960, relaciónase con escritores e pintores e forma parte da Peña Amanecer. Publica en Lar, Atlántida, 4 Ventos, Aturuxo e La Noche. Edita A frauta i-o garamelo en 1959, e con Pequeño canto para un peito xoven queda finalista no premio do grupo "Brais Pinto" en 1960. Volve a Taramancos e decide emigrar a Colombia, onde desempeñará múltiples oficios ata recalar como mordomo na embaixada de Brasil. Alí coñece a que será a súa muller e nai dos seus tres fillos. Tras nova xeira de oficios, instálase en Cali como xerente da “Cultural Colombiana de Occidente" (1971-1980). En 1980 regresa a unha Galicia da que sentiu sempre fonda saudade malia a súa satisfactoria vida persoal no país de acollida. Abre unha tasca en Noia e inicia unha febril actividade socio-cultural. Edita varios libros e chega á presidencia da AELG. Todo iso acompañado dunha actividade política que o conduce ao cargo de concelleiro de cultura de Noia polo BNG (1987-1991), destacando polo seu impresionante labor dinamizador.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org