A través da xenética textual, o autor fornece datos dos manuscritos de Avilés de Taramancos que revelan a maneira de escribir deste autor. Os textos de As Torres no ar, editados en 1989 por Sotelo Blanco, proceden dunha carpeta onde se atopa o orixinal, acompañado de tres álbumes dactiloscritos. Dous deles son copias, e nunha aparecen suxestións de Ánxeles Penas, xunto coa reescritura do poema polo propio autor, de acordo con elas ou co seu propio parecer. O terceiro álbum contén as versións definitivas. Indícase nelas as datas de escritura, entre 1984 e 1987. Por último, analiza o tamaño da páxina. Última fuxida a Harar leva ilustracións do autor, fronte ás do libro anterior, de Alejandro González Pascual e Alfonso Costa. As datas dos manuscritos van de setembro a novembro de 1991. Trátase dunha primeira versión sen emendas. A edición póstuma de M. A. Fernán-Vello en Espiral Maior (1992) non recolle os debuxos nin o efecto do papel reciclado a man con motivos vexetais. Si houbo un proceso de selección de texto, co editor como testemuña. Só cabería, pois, unha edición facsimilar para coñecer o traballo artístico completo. Non se conservan documentos da fase pre-redaccional.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org