Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

O romance tradicional en Galicia é un xénero con gran presenza do castelán, feito que revela a súa orixe ibérica e que reflicte a historia sociolingüístca dos pobos da periferia peninsular. Hai outros ámbitos do folclore literario galego onde está presente o castelán. Os estudosos, desde o s. XVIII ata o s. XX, ocultaron o feito ou considerárono como un fenómeno prescindible, primeiro porque só interesaba a expresión dun pobo galego libre de influencias do centro peninsular, e logo porque, amais de considerarse literatura galega só a expresada en galego, tíñase o galego como idioma independente do portugués desde o s. XV e limpo de contactos co castelán. Mesmo sospeita o autor que nos últimos 150 anos houbo maquillaxe na recollida dalgunhas mostras, motivada por ese paternalismo. A castelanización aumentou recentemente, pero xa se producía no s. XIX, como testemuña Juan Antonio Saco y Arce. O autor analiza mostras do fenómeno no romanceiro vulgar non tradicionalizado (cantares de cego ou de cordel), parrafeos ou desafíos, lírica tradicional (na que inflúe o romance, como testemuñan Dorothé Schubarth e Antón Santamarina,), festa dos Maios, oracións, enxalmos, narrativa tradicional en prosa (conto e lenda), dramaturxia (farsas carnavalescas e de Nadal), e mesmo xogos.

 
forneiro_2005_lingua.pdf (.pdf 800 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org