Estudo da presenza dos animais domésticos na poesía de Rosalía de Castro en seis apartados (o gando vacún, o mular, o lanar, o can e o gato, o porco, o coello e o rato). De todos eles, o máis mencionado pola poeta é o can que aparece con distintos atributos (fidelidade, agoiro, interlocutor e elemento de comparación). Para Isabel González, as comparacións, cuxo segundo termo conteñen un animal, son tomadas da fala cotiá. Conclúese indicando que Rosalía sente dentro de si a realidade galega e quere reflectila na súa obra, de aí a constante alusión aos animais da casa.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org