Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

García, Constantino (1986)
"Grilos e ralos, rans albariñas"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 71-78.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Estúdanse os nomes dos animais que aparecen no segundo poema do segundo libro de Follas novas. En primeiro lugar ofrécense outros textos de Rosalía de Castro que desenvolven o esquema do poema citado: exposición du cadro da vida no campo galego na que salienta a musicalidade do momento crepuscular e despois a expresión da dúbida existencial.

A continuación examínanse os animais que participan nas serenatas amorosas e profúndase no seu significado léxico e correspondencia, sobre todo das voces "ralo" e "albariñas".

Constantino García remata sementando a dúbida de se pode haber un erro de impresión. Este feito permitiría que "albariñas" tamén formase parte dos bichos. 

 
garcia_1986_rosalia.pdf (.pdf 870 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org