Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Pensado, Xosé Luís (1986)
"Rosalía e a lingua galega do seu tempo e do seu entorno"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 43-50.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Despois de aludir á escaseza de traballos de orde lingüística sobre a obra de Rosalía de Castro, Xosé Luís Pensado céntrase no Glosario dos Cantares gallegos, elaborado por Manuel Murguía e pensado pola poeta para alcanzar un auditorio castelán. O investigador considera conveniente comparar o léxico completo de Rosalía co contido do Glosario.

A análise permítelle a Pensado percibir as influencias do dicionario de Francisco Javier Rodríguez nalgunhas definicións do Glosario, profundar en palabras que non aparecen no segundo e ofrecer a súa procedencia e significado, matizar expresións que non teñen o sentido adecuado, ademais de engadir comentarios e comparar coa definición ofrecida noutros dicionarios.

 

 
pensado_1986_rosalia.pdf (.pdf 0.9 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org