Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Paredes Núñez, Juan (1986)
"Rosalía de Castro y la poesía regional gallega"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: II. pp. 467-474.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Juan Paredes Núñez pretende situar a Rosalía de Castro no seu tempo e no seu lugar a través da visión dos seus contemporáneos, concretamente de Emilia Pardo Bazán. Con este fin analiza o discurso pronunciado por Pardo Bazán en homenaxe a Rosalía. Se ben a primeira coloca á segunda no centro da poesía rexional galega e destaca o valor de Cantares gallegos, non ocorre o mesmo co libro Follas novas.

Despois de referirse ao desencontro da condesa con Manuel Murguía, o autor considera que aquela non entendía a Rosalía. Como conclusión afirma que cómpre ver a Rosalía na súa totalidade para non desvirtuar o seu verdadeiro papel e a súa personalidade.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org