Alúdese ao papel de Rosalía de Castro como precursora da literatura finisecular. Para Richard Cardwell, as primeiras obras de Rosalía e as dos autores "modernos" foron antagonistas da cultura imperante, pois unha e outros compartiron a insatisfacción fronte aos valores aceptados. Para explicar este sentimento común, o investigador demostra que Rosalía e "os modernos" se interesaron polo pobo anónimo, pola paisaxe e a cultura popular. A súa exaltación do nacional e cultural habería que entendela como unha busca do permanente no carácter e nas vidas do pobo, pois este serve de guía cando outros ideais se desmoronan.
Xa no prólogo de Cantares gallegos Cardwell encontra a veta determinista, a vinculación entre paisaxe e as características esenciais e o exalzamento da alma do país para formular unha resposta contra a hexemonía centralista e reivindicar o país.
A continuación, Cardwell comenta a posibilidade de que Rosalía lese os pensadores deterministas do XIX e suxire que o punto de vista da poeta se formou pola crecente influencia deses autores, antes de que o seu impacto se notase nas actitudes intelectuais do final de século.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org